Bolsas da Axencia Turismo de Galicia

30 Xan 2018

A Axencia Turismo de Galicia convoca 9 bolsas de formación práctica:

8 bolsas de formación práctica especializada para a promoción e información turística, mediante a realización de prácticas tuteladas nas oficinas de información turística dependentes da Axencia Turismo de Galicia:
2 bolsas na oficina de turismo de Santiago de Compostela (praza de Mazarelos)
1 bolsa na oficina de turismo de Santiago de Compostela (Centro Internacional de Acollida ao Peregrino)
1 bolsa na oficina de turismo da Coruña
1 bolsa na oficina de turismo de Pontevedra
1 bolsa na oficina de turismo de Vigo
1 bolsa na oficina de turismo de Lugo
1 bolsa na oficina de turismo de Ourense

1 bolsa de formación práctica especializada na área de estudos e investigación para a realización de labores de investigación, tratamento e análise de datos en materia turística. O lugar de realización das prácticas tuteladas desta bolsa será na sede da área, nas oficinas da Axencia Turismo de Galicia da Barcia (estrada Santiago-Noia, km 3, 15897 Santiago de Compostela).

Duración:
O programa formativo desenvolverase ao longo dos anos 2018 e 2019 coa seguinte duración:
Bolsas de formación práctica especializada en oficinas de turismo: duración máxima 5 meses contados a partir da data de incorporación da persoa bolseira.
Bolsa de formación práctica especializada na área de estudos e investigación: duración máxima de 12 meses contados a partir da data de incorporación da persoa bolseira.

Dotación:
Oficina de Turismo da Coruña: 4.500 €
Oficina de Turismo de Santiago (praza de Mazarelos): 4.500 €
Oficina de Turismo de Santiago (Centro Internacional de Acollida ao Peregrino): 4.500 €
Oficina de Turismo de Lugo: 4.500 €
Oficina de Turismo de Ourense: 4.500 €
Oficina de Turismo de Pontevedra: 4.500 €
Oficina de Turismo de Vigo: 4.500 €
Área de Estudos e Investigación: 13.800 €

Titulación:
a) Bolsas de formación nas oficinas de información turística: grao en Turismo; mestrado relacionado con turismo. Técnico superior en Guía, Información e Asistencia Turísticas; técnico superior en Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos ou titulación homologada equivalente.
b) Bolsa de formación na Área de Estudos e Investigación: estar en posesión dunha titulación superior (calquera).

Idiomas:
a) Todas as persoas solicitantes deberán acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel Celga 4, perfeccionamento ou título equivalente.
b) Inglés: no caso das bolsas de formación nas oficinas de información turística, certificado B1 ou superior ou acreditación de nivel equivalente ao B1.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 28 de febreiro de 2018.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento TU981A
Máis información no DOG do 30 de xaneiro de 2018 e en http://turismo.xunta.es