Axudas para a creación de novas empresas e para consolidación do emprego

26 Xan 2018

A finalidade deste programa é xerar emprego estable para persoas desempregadas, principalmente entre as mulleres, as persoas con discapacidade e en risco de exclusión social e as unidades familiares con todos os seus membros en situación de desemprego, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia, con especial atención aos concellos do rural galego.

Tipos de axudas:
a) Subvención á xeración de emprego estable.
b) Subvención para formación.
c) Subvención para o inicio da actividade.
d) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.

As solicitudes deben presentarse en https://sede.xunta.es co procedemento TR807I
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 31 de xullo de 2018.
Máis información no DOG do 26 de xaneiro de 2018 e en http://emprego.ceei.xunta.gal/