Programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade

25 Xan 2018

A Secretaría Xeral da Igualdade convoca subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade.

Estes programas teñen como finalidade fomentar a igualdade de oportunidades para contribuír á redución da dobre discriminación en que se atopan as mulleres en situación de especial vulnerabilidade, para dotalas dunha maior autonomía e independencia co fin de mellorar a súa situación persoal, social e laboral, polo que deberán incluír unha atención personalizada e especializada de cara a integración social e laboral das participantes, e responder a un dos seguintes tipos:

a) Programa de recursos integrais específicos para mulleres xestantes ou lactantes con fillas ou fillos menores de tres anos, en situación de especial vulnerabilidade.
b) Programa de recursos integrais de atención personalizada e especializada para mulleres en situación de especial vulnerabilidade, pertencentes a un ou varios colectivos nos cales concorra a dita situación.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 26 de febreiro de 2018.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento SI427A
Máis información no DOG do 25 de xaneiro de 2018 e en http://www.igualdade.xunta.gal