Probas para a o título de graduado en ESO para maiores de 18 anos

23 Xan 2018

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, convoca as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de 18 anos, nas convocatorias de maio e setembro.

Requisitos:
Teren cumpridos os 18 anos o día anterior á data de realización da proba.
Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.
Non estaren inscritas para a superación das materias de 4º curso de educación secundaria obrigatoria.
Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2017/18 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.

O alumnado matriculado durante o curso 2017/18 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:
Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

Os prazos de matrícula serán:
Convocatoria de maio:  12 ao 23 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos.
Convocatoria de setembro:  2 ao 9 de xullo de 2018, ambos os dous incluídos.

As persoas aspirantes formalizarán a súa inscrición nun dos seguintes centros:
A Coruña:
Centro EPA Eduardo Pondal, rúa da Educación, 3, 2º andar, 15011 A Coruña.
Ferrol:
Centro EPA Santa María de Caranza, rúa Luis de Requeséns, s/n, 15406 Ferrol.
Santiago de Compostela:
Alumnado co primeiro apelido entre a letra A e a letra L: IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.
Alumnado co primeiro apelido entre a letra M e a letra Z: IES Rosalía de Castro, rúa San Clemente, 3, 15705 Santiago de Compostela.
Carballo:
IES Isidro Parga Pondal, rúa Muíño da Pintura, 15100 Carballo.
Lugo:
Centro EPA Albeiros, parque da Milagrosa, s/n, 27003 Lugo.
Ourense:
Centro EPA de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor, 4, 32002 Ourense.
Pontevedra:
Alumnado co primeiro apelido entre a letra A e a letra F: Centro EPA Río Lérez, avenida de Buenos Aires, 26, 36002 Pontevedra.
Alumnado co primeiro apelido entre a letra G e a letra O: IES Frei Martín Sarmiento, avenida de Vigo, 23, 36003 Pontevedra.
Alumnado co primeiro apelido entre a letra P e a letra Z: IES Sánchez Cantón, avenida Raíña Victoria, 36001 Pontevedra.
Vigo:
Alumnado co primeiro apelido entre a letra A e a letra L: Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8, 1º, 36202 Vigo.
Alumnado co primeiro apelido entre a letra M e a letra Z: IES Santa Irene, praza de América, 7, 36211 Vigo.
O Porriño:
IES Ribeira do Louro, rúa Ribeira, s/n (Torneiros), 36410 O Porriño.
Tui:
IES Indalecio Pérez Tizón, avenida da Concordia, s/n, 36700 Tui.
Vilagarcía de Arousa:
IES Armando Cotarelo Valledor, rúa Armando Cotarelo Valledor, 4-6, 36611 Vilagarcía de Arousa.
Ponteareas:
IES Val do Tea, rúa Feliciano Barrera, 15, 36860 Ponteareas.

Realización das probas
As probas realizaranse en sesións de mañá e tarde os días 25 de maio e 7 de setembro para as respectivas convocatorias.
 
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED540A
Máis información no DOG do 23 de xaneiro de 2018 e en www.edu.xunta.es