Portovello informa

22 Xan 2018

O equipo de Correspondentes Xuvenís de primeiro de Animación Sociocultural e Turística do CIFP Portovello de Ourense exportan información a outros centros educativos. Ademais de distribuir información no seu propio centro, acuden tamén ao IES Portovello.

Usan carteleiras dispoñibles en ambos os centros e tamén están a empregar redes sociais coma Twitter, Facebook e un blog de “Portovello informa”.
O twitter informativo é @portovelloinforma
O blogue: http://portovelloinforma1718.blogspot.com.es/
Se queredes ver as novas que se publican por Facebook a páxina é Portovello Informa.

Tamén nos envían un video que fixeron co gaio do carné xove: https://drive.google.com/file/d/1kZDOuu5LZZuXS4kD-WFKlXtAEGtsCn4-/view

Parabéns!!