Curso de Voluntariado de Intered

12 Xan 2018

InteRed Galicia convoca unha nova edición do Curso de Voluntariado.
O obxectivo deste curso é formar un voluntariado capaz de transformar a realidade da súa contorna máis próxima, traballando ao redor dos tres grandes eixos de InteRed: a educación transformadora, a equidade de xénero e a sustentabilidade do noso planeta.

Datas:  Do 3 de febreiro ao 21 de abril. Traballarase nunha serie de talleres e clases teóricas deseñadas para proporcionar o coñecemento e as ferramentas necesarias para levar a cabo un voluntariado eficaz e con impacto, traballando sempre dentro dun ambiente participativo.

Para rexistrarse no curso, enche o seguinte formulario:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScrCHl1STc9IHg_86s-XH2YGR2lzfIFX0AJJUuGmLdxVfRtGg/viewform

Máis información en Facebook: https://www.facebook.com/events/910146755819364