Prazas na Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

12 Xan 2018

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde convoca proceso selectivo para a provisión mediante contrato laboral temporal de tres prazas de titulado/a superior de xestor de proxecto para a Unidade de Desenvolvemento e Innovación Sanitaria.
Requisitos:
Estar en posesión da titulación de grao (ou equivalente) nalgunha das seguintes titulacións: Economía, Dereito, Ciencias Políticas, Administración e Dirección de Empresas, Ciencias Químicas, Farmacia, Ciencias Biolóxicas, Medicina, Bioquímica, Biotecnoloxía, Psicoloxía, Enfermaría, Ciencias Ambientais, Física, Veterinaria ou Enxeñaría.
Nivel de inglés B2 ou equivalente
Acreditar coñecemento do idioma galego: Celga 4, título de perfeccionamento do idioma galego ou estudos equivalentes.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 2 de febreiro de 2018
Máis información no DOG do 12 de xaneiro de 2018