Big Data Management, technologies and analytics

12 Xan 2018

Lidera Knowledge en colaboración co ASIME (Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia) organiza o curso  Big Data Management, technologies and analytics.

O programa ASIMERED é unha iniciativa de RED.ES (Red.es é unha entidade pública empresarial do Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital (MINETAD)), en colaboración con ASIME (Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia), asociación que conta con máis de 700 empresas asociadas, representativas do sector industrial.
O obxectivo é dotar aos mozos desempregados dunha formación punteira, moi demandada na actualidade, para a súa inserción no mercado laboral.

Índice de contidos:
1. Big Data. Conceptos Técnicos e Operacións
2. Data  Management
3. Data  Analytics
4. Hands- on  Experiene: Data  Management  and  Analytics
5. Dirección de proxectos Big Data

Impartirase en modalidade presencial, cunha duración de 345 horas, impartidas durante 6-8 horas diarias desde o 31/01/2018 ata o 24/04/2018, nas instalacións de Vigo situadas en Rúa  Doutor Corbal número 51.
O horario será de 8.30 h a 14.30 h de luns a venres, ademais de dúas horas pola tarde a maiores, de 16.00 h a 18.00 h, os martes e os xoves.
Trátase dunha formación de alta calidade, impartida por directivos do mundo empresarial en colaboración con docentes recoñecidos en escolas de negocio e formación empresarial a directivos.
A formación impartida é gratuíta para o alumno.
Todos os alumnos admitidos entrarán nunha bolsa de emprego para ser contratado en empresas tecnolóxicas, nun posto de traballo acorde á formación recibida.

Para a selección dos candidatos, os requisitos establecidos unicamente son os establecidos para participar no programa de Garantía Xuvenil  así como interese pola área tecnolóxica, dado que  tanto a formación como a inserción laboral realizarase neste ámbito:
Menores de 30  anos
Desempregados
Pertencentes ao sistema de Garantía Xuvenil.

Máis información : candidatos@asimered.es

http://www.asimered.es/