Axudas ao aluguer de vivenda

10 Xan 2018

A  Consellería de Infraestruturas e Vivenda convoca as subvencións do Programa do bono de alugueiro social do Plan rehaVIta: Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda para o ano 2017

Persoas destinatarias:
a) Aquelas que precisen dunha axuda para asumir o custo do arrendamento da súa vivenda, por estar inmersas en situacións de especial dificultade que determinaron a interposición pola persoa arrendadora dunha demanda de desafiuzamento por non pagamento das rendas.
b) As das vítimas de violencia de xénero que teñan dificultades para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda e que no momento da solicitude se atopen residindo nun recurso de acollida dos integrados na Rede galega de acollemento para este colectivo e adscrito a unha Administración pública.
c) Aquelas con dificultades para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda e que fosen privadas da súa vivenda habitual por danos sufridos nesta, derivados dunha circunstancia imprevisible e sobrevida, tales como incendios, inundacións, etc.
d) Aquelas que, tendo sido beneficiarias do Programa Aluga, rematasen o período máximo de desfrute desa axuda dentro dos nove meses anteriores á data da presentación da súa solicitude de subvención do Programa de bono alugueiro social.
e) Aquelas que, tendo sido arrendatarias dunha vivenda de promoción pública de titularidade do Instituto Galego da Vivenda e Solo finalizase a vixencia do seu contrato.
f) Aquelas que, por concorrer circunstancias de emerxencia social e non acadar o límite mínimo de ingresos establecido no Programa de vivendas baleiras, a comisión de seguimento e coordinación do citado programa lles propoña a adxudicación dunha vivenda no marco do citado programa.

Requisitos:
a) Que estean empadroadas en  Galicia durante, polo menos, os 12 meses anteriores á data da presentación da solicitude da axuda.
b) Que sexan titulares ou estean en condicións de subscribir un contrato de arrendamento nun concello de Galicia.
c) Que a vivenda obxecto do contrato de arrendamento constitúa ou vaia constituír o seu domicilio habitual e permanente.
d) Que a renda do contrato de arrendamento que se subvencione non supere os importes sinalados no artigo 6.
e) Que os ingresos da unidade de convivencia da persoa beneficiaria, sexan iguais ou inferiores a 1,5 veces o indicador público de efectos múltiples (IPREM).
f) Que nin a persoa solicitante nin ningún outro membro da unidade de convivencia teña vínculo de matrimonio ou relación estable análoga coa persoa arrendadora. Así mesmo, que non exista vínculo de parentesco por consanguinidade, adopción ou afinidade, ata o segundo grao, coa persoa arrendadora.  
g) Que nin a persoa solicitante nin ningún outro membro da súa unidade de convivencia teña no territorio nacional unha vivenda en propiedade ou en usufruto.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 20 de novembro de 2018.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento VI482A
Máis información no DOG do 10 de xaneiro de 2018 e en http://igvs.xunta.gal