Acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral

10 Xan 2018

A Consellería de Educación convoca un proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais:

Familia profesional: Administración e xestión
ADGG0208-Actividades administrativas na relación coa clientela.
ADGD0308-Actividades de xestión administrativa
ADGD0108-Xestión contable e xestión administrativa para auditoria.
ADGD0208-Xestión integrada de recursos humanos
ADGN0108-Financiamento de empresas.
ADGG0308-Asistencia documental e de xestión en despachos e oficinas.

Familia profesional: Edificación e obra civil
EOCB0108-Fábricas de albanelaría.
EOCE0111-Armaduras pasivas para formigón.
EOCB0111-Cubricións inclinadas.
EOCE0211-Encofrados.
EOCJ0111-Impermeabilización mediante membranas formadas con láminas.
EOCB0211-Pavimentos e albanelaría de urbanización.
EOCB0210-Revestimentos con pastas e morteiros en construción.
EOCB0310-Revestimentos con pezas ríxidas por adherencia en construción.
IEXD0409-Colocación de pedra natural.
EOCJ0110-Instalación de placa de xeso laminado e falsos teitos.
EOCJ0211-Instalación de sistemas técnicos de pavimentos, empanelados e anteparos.
EOCB0110-Pintura decorativa en construción.
EOCB0210-Revestimentos con pastas e morteiros en construción.
EOCB0310-Revestimentos con pezas ríxidas por adherencia en construción.
EOCO0108-Representación de proxectos de edificación.
EOCO0109-Control de proxectos e obras de construción.

Familia profesional: Electricidade e electronica
ELES0108-Montaxe e mantemento de infraestruturas de telecomunicacións en edificios.
ELEE0109-Montaxe e mantemento de instalacións eléctricas de baixa tensión.
ENAE0108-Montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas.

Familia profesional: Enerxía e auga
ENAC0108-Eficiencia enerxética de edificios.

Familia profesional: Fabricación mecánica
FMEH0109-Mecanizado por arranque de labra.
FMEC0110-Soldadura con eléctrodo revestido e TIG.
FMEC0210-Soldadura oxigás e soldadura MIG/MAG.
FMEC0108-Fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe industrial.

Familia profesional: Hostalaría e turismo.
HOTR0408-Cociña.
HOTR0509-Repostaría.
INAF0109-Pastelaría e confeitaría.
HOTR0508-Servizos de bar e cafetaría.
HOTR0608-Servizos de restaurante.
HOTA0308-Recepción en aloxamentos.
HOTA0208-Xestión de pisos e limpeza en aloxamentos.
HOTG0208-Venda de servizos e produtos turísticos.
HOTG0108-Creación e xestión de viaxes combinadas e eventos.
HOTI0108-Promoción turística local e información a visitantes.

Familia profesional: Imaxe e son
IMSE0109-Luminotecnia para o espectáculo en vivo.
IMSV0308-Cámara de cine, vídeo e televisión.
IMST0210-Produción en laboratorio de imaxe.
IMST0109-Produción fotográfica.

Familia profesional: Imaxe persoal
IMPP0208-Servizos estéticos de hixiene, depilación e maquillaxe.
IMPQ0208-Peiteado.
IMPP0108-Coidados estéticos de mans e pés.

Familia profesional: Industrias alimentarias.
HOTR0509-Repostaría.
INAF0108-Panadaría e bolaría.
INAF0109-Pastelaría e confeitaría.

Familia profesional: Informática e comunicacións.
IFCT0209-Sistemas microinformáticos.
IFCT0309-Montaxe e reparación de sistemas microinformáticos.
IFCT0110-Operación de redes departamentais.
IFCT0210-Operación de sistemas informáticos.

Familia profesional: Instalación e mantemento.
IMAR0108-Montaxe e mantemento de instalacións frigoríficas.
IMAR0208-Montaxe e mantemento de instalacións de climatización e ventilación-extracción.
ENAE0208-Montaxe e mantemento de instalacións solares térmicas.
ENAS0110-Montaxe, posta en servizo, mantemento e inspección de instalacións receptoras e aparellos de gas.
IMAR0408-Montaxe e mantemento de instalacións caloríficas.

Familia profesional: Madeira, moble e cortiza.
MAMR0308-Mecanización de madeira e derivados.
MAMR0208-Acabamento de carpintaría e moble.
MAMR0108-Montaxe de mobles e elementos de carpintaría.
MAMR0308-Mecanizado de madeira e derivados.
MAMR0408-Instalación de mobles.
MAMR0108-Montaxe de mobles e elementos de carpintaría.
MAMS0108-Instalación de elementos de carpintaría.

Familia profesional: Química.
QUIE0208-Operacións en instalacións de enerxía e de servizos auxiliares.
QUIE0408-Operacións de movementos e entrega de produtos na industria química.
QUIA0208-Ensaios microbiolóxicos e biotecnolóxicos.
QUIA0108-Ensaios físicos e fisicoquímicos.
QUIL0108-Análise química.

Familia profesional: Sanidade.
SANT0208-Transporte sanitario.
SANT0108-Atención sanitaria a múltiples vítimas e catástrofes.

Familia profesional: Servizos socioculturais e á comunidade.
SSCB0109-Dinamización comunitaria.
SSCG0109-Inserción laboral de persoas con discapacidade.
SSCG0209-Mediación comunitaria.
SSCE0112-Atención ao alumnado con necesidades educativas especiales (ACNEE) en centros educativos.
SSCE0111-Promoción e intervención socioeducativa con persoas con discapacidade.

Familia profesional: Transporte e mantemento de vehículos.
TMVL0509-Pintura de vehículos.
TMVL0309-Mantemento de estruturas de carrozarías de vehículos.
TMVL0209-Mantemento de elementos non estruturais de carrozarías de vehículos.
TMVG0309-Mantemento de sistemas de transmisión de forza e trens de rodaxe de vehículos automóbiles.
TMVG0409-Mantemento do motor e os seus sistemas auxiliares.
TMVG0209-Mantemento dos sistemas eléctricos e electrónicos de vehículos.
TMVG0310-Mantemento do motor e dos sistemas eléctrico, de seguridade e confortabilidade de maquinaria agrícola, de industrias extractivas e de edificación e obra civil.

Requisitos:
Ter experiencia laboral e/ou formación relacionada coas competencias profesionais que se queiran acreditar.
No caso de experiencia laboral, xustificaranse polo menos tres (3) anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas, nos últimos dez anos transcorridos antes de realizarse a convocatoria, para unidades de competencia de niveis II e III, e para unidades de competencia de nivel I, xustificarán, cando menos, 2 anos cun mínimo de 1.200 horas traballadas en total.
No caso de formación, xustificaranse polo menos 200 horas para unidades de competencia de nivel I ou 300 horas para as unidades de competencia dos niveis II e III, nos últimos dez anos transcorridos antes de realizarse a convocatoria

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 2 de febreiro de 2018.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED517B
Máis información no DOG do 10 de xaneiro de 2018