Bolsas aeroespaciais

10 Xan 2018

O Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial "Esteban Terradas" convoca 11 bolsas para a formación teórico-práctica e o perfeccionamento tecnolóxico de recentemente titulados nas materias e proxectos propios do Instituto

Requisitos:
Titulados universitarios de nacionalidade española ou dun país membro da Unión Europea, ou estranxeiros residentes en España no momento de solicitar a bolsa que se atopen en posesión do título de Graduado, Licenciado, Enxeñeiro, Enxeñeiro Técnico + Master Oficial ou equivalentes, sempre que terminen os seus estudos e obteñan o título con posterioridade ao 15 de xaneiro de 2014 e antes do 14 de xaneiro de 2018.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 29 de xaneiro de 2018 en http://sede.defensa.gob.es/acceda/prehome.html
Máis información no BOE do 9 de xaneiro de 2018 e en http://www.inta.es/opencms/export/sites/default/INTA/es/bolsa-de-empleo/oportunidad_1515491050322/