Bolsas de Internacionalización Empresarial de ICEX

10 Xan 2018

O Ministerio de Economía convoca 285 axudas para a formación de mozos profesionais especializados en internacionalización empresarial:

As axudas instrumentalizaranse en dúas fases:
Fase I: consistirá en formación práctica obtida a través da Rede de Oficinas Económicas e Comerciais das Embaixadas de España no estranxeiro.
Fase II: formación práctica en empresas e institucións vinculadas á internacionalización, dentro e fóra de España e en Organismos Internacionais dos que España é membro. Ofrece, ademais, formación adicional en varios idiomas e actividades formativas para que estes mozos profesionais sexan capaces de proporcionar un mellor servizo ao proceso de internacionalización empresarial español.

Requisitos:
a) Posuír a nacionalidade dun estado membro da Unión Europea.
b) Nacer a partir do 1 de xaneiro de 1990.
c) Estar en posesión, dunha titulación universitaria superior de carácter oficial: Licenciatura/Enxeñería Superior/Arquitectura/Grao.
d) Dominar a lingua española.
e) Acreditar, documentalmente, posuír coñecemento avanzado de inglés (o nivel mínimo esixido, é o B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL)). Aceptaranse os títulos emitidos a partir do 1 de xaneiro de 2013.
f) Non ser beneficiario destas bolsas en edicións anteriores.

Contía:
Na Fase I a axuda consistirá, fundamentalmente, nunha dotación bruta anual comprendida entre un mínimo de 21.000 euros e un máximo de 48.000 euros en función do país e cidade de destino. Na Fase II a axuda detallarase no Programa de Prácticas en Empresas e Institucións que se aprobará en 2020.
 
O prazo de presentación de solicitudes será do 1 de marzo ao 7 de maio de 2018.
Máis información en http://www.icex.es/icex/es/navegacion-principal/todos-nuestros-servicios/formacion/becas/conoce-las-becas-icex/index.html  e no BOE do 3 de xaneiro de 2018, na sección de anuncios