Curso de monitor de actividades de tempo libre en Ourense

09 Xan 2018

A Escola Universitaria de Tempo Libre do Campus de Ourense ESTOU, ao abeiro da Asociación da Universitaria de Ciencias da Educación (AUCE) pon en marcha no vindeiro mes de febreiro un novo curso para formar a monitores/as de tempo libre.
Datas: A formación desenvolverase os venres, sábados e domingos dende o 16 de febreiro ata o 15 de abril.  
O prezo do curso, que está homologado oficialmente pola Xunta de Galicia, é de 150 €.
Será o martes 16 de xaneiro cando se abra o prazo de inscrición para a reserva de praza. Deberán realizarse presencialmente na secretaría de ESTOU – Seminario da Paz, no segundo andar da Facultade de Ferro, o martes en horario de 16:00 a 18:00 horas, ou o mércores entre as 11:00 e as 13:00 horas.
Para resolver dúbidas ou ampliar máis información:
secretariaestou@gmail.com
escolaestou@gmail.com