Axudas complementarias a Erasmus+

09 Xan 2018

A Consellería de Educación convoca axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, para o alumnado do Sistema universitario de Galicia que participa en Erasmus Estudos no curso 2017/18.

As axudas concederanse para estadías dun máximo de nove meses e dun mínimo de tres meses.
As axudas terán a seguinte contía, en función dos grupos de países determinados no programa Erasmus+:
a) De 195 euros/mes para un país de destino do grupo 1.
b) De 165 euros/mes para un país de destino do grupo 2.
c) De 125 euros/mes para un país de destino do grupo 3.
A listaxe de países por cada un dos tres grupos é a seguinte e pódese consultar na guía do programa Erasmus+ no enlace da Comisión Europea:
http://ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/resources/programme-guide

A presentación das solicitudes realizaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado ED417A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 2 de febreiro de 2018.
Máis información no DOG do 2 de xaneiro de 2018 e en orientacion.sug@edu.xunta.es