Tarxeta Benvida

09 Xan 2018

A Consellería de Política Social convoca unha axuda económica para as familias que no ano 2018 teñan un/unha fillo/a, adopten ou estean en situación de garda con fins adoptivos dun neno ou nena nacido/a en 2018.

Con carácter xeral, a contía total da axuda será de 1.200 euros a razón de 100 euros/mes durante o primeiro ano de vida do fillo ou filla.
Esta axuda farase efectiva a través da tarxeta Benvida, a cal só poderá ser utilizada en farmacias, parafarmacias, supermercados, tendas de alimentación e establecementos de puericultura ou especializados en artigos e produtos para a infancia.

Poderán ser beneficiarias desta axuda aquelas persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que se atopen nun dos seguintes supostos:
a) Ter fillas ou fillos, tanto por natureza como por adopción, nadas/os entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2018.
b) Estar en situación de garda con fins adoptivos dun ou máis nenos/as nados/as entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2018.

O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contados desde o día seguinte a aquel en que se produce o nacemento ou se dita a resolución administrativa ou xudicial para os supostos de garda con fins adoptivos e de adopción.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es cos procedementos BS403B
Máis información no DOG do 29 de decembro de 2017 e en http://www.familiasgalegas.org
tarxetabenvida.familia@xunta.gal