Procedemento de recoñecemento das competencias profesionais

27 Dec 2017

A Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca un novo procedemento para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación nas seguintes cualificacións profesionais:

Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 553 prazas.
Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2): 435 prazas.
Servizos para o control de pragas (SEA028_2): 65 prazas.
Xestión de servizos para o control de organismos nocivos (SEA251_3): 50 prazas.
Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2): 224 prazas.
Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2): 278 prazas.
Extinción de incendios e salvamento (SEA129_2): 162 prazas.
Tanatopraxia (SAN491_3): 150 prazas.
Confección e mantemento de artes e aparellos (MAP005_2): 50 prazas.

Requisitos:
Ter 20 anos feitos no momento de realizar a inscrición.
Ter experiencia laboral e/ou formación non formal relacionada coas competencias profesionais que se queren acreditar:
1. No caso de experiencia laboral: para as unidades de competencia das cualificacións de nivel 2 e 3, xustificar polo menos 3 anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total nos últimos 10 anos transcorridos antes de que se realice a convocatoria.
2. No caso de formación non formal: para as unidades de competencia das cualificacións de nivel 2 e 3, xustificar polo menos 300 horas nos últimos 10 anos transcorridos antes de que se realice a convocatoria.
Non estar matriculado nun curso de formación profesional inicial, ordinario ou modular, ou non estar, no momento da inscrición, realizando formación profesional para o emprego, conducente á acreditación das unidades de competencia que solicita.
Non posuír ou estar en condicións de obter un título de formación profesional ou un certificado de profesionalidade que conteña a/as unidade/s de competencia que solicita, nin os seus equivalentes ou a acreditación parcial da/das unidade/s de competencia que solicita.

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento TR305A
O prazo de inscrición para estas unidades de competencia estará aberto ata o 26 de xaneiro de 2018.
Máis información no DOG do 27 de decembro de 2017 e en http://emprego.ceei.xunta.gal/portada-reconecemento-experiencia-profesional