Bolsas de Posgrao no Estranxeiro 2018

15 Dec 2017

A Fundación Barrié convoca a 29º edición do Programa de Bolsas de Posgrao para a ampliación de estudos no estranxeiro.

Requisitos:
Ter a nacionalidade española.
Ter vinculación con Galicia. Para ese efecto, considerarase unicamente nos seguintes supostos:
a) Candidatos/as nados/as en Galicia
b) Persoas candidatas cun proxenitor nado en Galicia
c) Persoas candidatas empadroadas en calquera dos concellos de Galicia como mínimo 2 anos inmediatamente anteriores á data de apertura da convocatoria.
Estar en posesión dun título superior expedido por unha universidade española ou estranxeira (homologado polo Ministerio de Educación). Tamén poderán solicitar a bolsa os/as candidatos que estean cursando o seu último ano durante o curso académico 2017-2018.

Dotación:
A dotación económica da bolsa será dun máximo de 50.000 € anuais, que se aplicarán total ou parcialmente, por esta orde, aos seguintes conceptos:
1. Matrícula do programa no centro de destino
2. Dotación inicial única de 1000 € para gastos de viaxe e instalación
3. Asignación mensual de 1.600 € en concepto de aloxamento, manutención

O prazo para solicitar as becas estará aberto ata o 5 de febreiro de 2018

http://www.fundacionbarrie.org/bolsas-posgrao-estranxeiro2?newlang=galician