Rede cultural para o ano 2018 da Deputación da Coruña

14 Dec 2017

A Rede Cultural da Deputación da Coruña está dirixida aos artistas que queran ser contratados e a Concellos ou asociacións que queran contratar espectáculos.
O obxecto da Rede Cultural é contribuír á difusión e á promoción da música, do folclore, do teatro, da danza, do cine e das demais manifestacións artísticas na provincia, por medio do coñecemento das actividades que se están a producir neste ámbito e do seu achegamento aos concellos.

Convócanse os seguintes programas de difusión cultural:

Escena ao vivo! Programación de espectáculos profesionais de teatro, monicreques, danza e música para concellos.
Visións. Programación de cinema e contidos audiovisuais para concellos.
Alicerce. Programación de música, danza e teatro para grupos non profesionais.
Lingua a escena! Programa de espectáculos profesionais de música, teatro, danza, narración oral e monicreques con contidos específicos orientados á dinamización social da lingua galega, para concellos

Os artistas poderán inscribirse ata o 27 de decembro de 2017.
Os concellos e asociacións poderán solicitar actuacións dende o 7 ao 20 de de febreiro de 2018, as 14:00 h.

Máis información no BOP da Coruña do 14 de decembro de 2017 e en https://www.dicoruna.es/cultura/