Programa Lidera en Curtis

12 Dec 2017

O 12 de decembro a Federación EFA Galicia (titular xuridico da EFA PIÑEIRAL de Arzúa), organizou un encontro no Espazo xove de Curtis de 11:30 a 16:30, en colaboración ca dirección xeral dentro do programa LIDERA

Participan nesta actividade mozos e mozas do medio rural que se están a cualificar profesionalmente.

· A primeira actividade é MARKETING SOCIAL APLICADO A UN RECURSO DA HOSTALERÍA O CAFÉ; participan aquí os responsables de Marketin de CAFENTO e tamén de DOWN COMPOSTELA
· A segunda actividade é MESA DE EXPERIENCIAS NO SECTOR DO TURISMO – APROVEITAMENTO DO RECURSO “CAMIÑO DE SANTIAGO”, asisten Pepe Formoso (albergue de Muxía) e Raquel Carregal (Albergue Ultreia)
· A terceira actividade; xa despois de comer, vai ser un OBRADOIRO DE COMUNICACIÓN para a venta e a interpretación dun produto turístico