IES Porto do Son: Día Internacional do Voluntariado

12 Dec 2017

O día 5 de decembro, co motivo do día Internacional do Voluntariado o equipo de Correspondentes Xuvenís deron a coñecer o seu traballo ao resto da comunidade educativa a través dunha mesa informativa situada na entrada principal do IES PORTO DO SON.

Os correspondentes interactuaron co resto do alumnado funcionando como antenas informativas.

Dita actividade foi promovida pola Oficina municipal de información xuvenil (OMIX) en colaboración co Departamento de Orientación (Correspondentes xuvenís)

 

Charla sobre consecuencias da violencia de xénero no IES Porto do Son

O alumnado de 4º da ESO tivo a oportunidade de asistir a unha charla sobre consecuencias da violencia de xénero, impartida por Pilar Díaz Burgos, técnica en violencia de xénero e traballadora no centro de recuperación integral (CRI).  PORTO DO SON. VIOLENCIA XENERO
Dita actividade foi promovida pola Secretaría Xeral de Igualdade en colaboración dos Servizos Sociais do Concello e do Departamento de Orientación.

 

A relatora expuso conceptos básicos coa finalidade de difundir, e divulgar sinais para detectar novas formas de violencia invisible na mocidade, visualizando diferentes campañas de sensibilización.
Subliñar a importancia da educación, eixe fundamental para reeducar as novas xeracións.

 

Podedes obter máis información sobre o tema, escoitándoa directamente en:
http://www.crtvg.es/informativos/pilar-diaz-burgos-tecnica-de-violencia-de-xenero-e-traballadora-do-centro-de-recuperacion-integral-de-ourense-3554974