Proxecto Lidera: Encontros sectoriais

07 Dec 2017

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, no marco do proxecto Lidera, aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP), ten previsto realizar 2 encontros sectoriais en Curtis e Viveiro, a pequena escala, onde os distintos actores do territorio poderán establecer unha dinámica de diálogo e coñecemento mutuo que impulse a aparición de oportunidades de colaboración e mentoring.

Encontros sectoriais (sector), data, lugar e horario:

Curtis: “ Sector turístico”

12 /12/2017

Espazo Xove de Curtis, Estrada da Estación s/n

De 11.30h a 16.00 h.

Viveiro: “Emprendemento activo”

18/12/2017

Espazo Xove de Viveiro, Avenida Cervantes s/n

De 09.30h a 14.00h

 

Entrada libre para os/as mozos/as interesados/as.

O proxecto LIDERA ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do  territorio. Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, a Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia (Ascega), o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.