Bolsas para o Instituto Universitario Europeo

07 Dec 2017

O Ministerio de Educación convoca axudas para contratos predoctorales do Programa "Salvador de Madariaga" no Instituto Universitario Europeo para o ano 2018

Beneficiarios: os titulados universitarios que estean posesión do título de licenciado, grao ou de master ou os seus equivalentes, en materias xurídicas, económico-empresariais, político-sociolóxicas, ou de humanidades, para a realización do doutoramento no Instituto Universitario Europeo de Florencia, nos devanditos campos. E que en todo caso, deberán terminar e acreditar estar en posesión do título que lle dea acceso ao doutoramento con anterioridade ao día 10 de xullo de 2018.
Deberán finalizar os estudos aos que se refire o parágrafo anterior, con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2009 e ser menores de 30 anos no momento de incorporarse ao Instituto.
Posuír o Certificado do Nivel  C1 de inglés.

Contía: 12 axudas para contratación cunha dotación económica mensual de 1.400 euros durante os dous primeiros anos e de 1.500 euros durante o terceiro e cuarto ano, máis dúas pagas extraordinarias cada un dos catro anos.
Cada beneficiario gozará dunha axuda de viaxe para o primeiro ano de estancia no Instituto e outra para o terceiro ano por un importe total de 700 euros cada unha.

O prazo para presentar solicitudes estrá aberto ata o 31 de xaneiro de 2018 ás 14:00 h.

Máis información nos anuncios do BOE do 2 de decembro de 2017 e en
http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/profesorado/profesorado-universitario/becas-ayudas/formacion/ayudas-salvador-madariaga.html