Lectorados de lingua, literatura e cultura galegas en Lisboa e en Bahia

07 Dec 2017

A Consellería de Educación convoca dúas bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas nas universidades Nova de Lisboa e Federal da Bahia.

O programa de formación, que terá un marcado carácter práctico, estará integrado por actividades relacionadas coa docencia, a programación e organización de tarefas, a investigación, a difusión e a promoción da lingua a literatura e a cultura galegas. As persoas adxudicatarias desenvolverán estas actividades, no marco do convenio asinado coas universidades de destino, baixo a dirección do responsable do centro de estudos galegos e en permanente coordinación con este.

O programa de formación das persoas seleccionadas terá unha duración máxima de 3 anos.
A data prevista de incorporación será o 1 de febreiro de 2018 e a data de remate o 31 de xaneiro de 2021.
O importe íntegro mensual das bolsas é 1.277,12 €.

Requisitos:
Non superar os 35 anos de idade na data de remate do prazo da presentación de solicitudes.
Poderá solicitar todas as prazas ofertadas quen estea en posesión dalgunha das seguintes titulacións:
Licenciatura en Filoloxía Galega.
Licenciatura en Filoloxía Románica, sempre que a primeira ou segunda lingua románica elixida fose o galego.
Grao en Lingua e Literatura Galegas.
Grao en Estudos de Galego e Español.
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 7 de xaneiro de 2018.

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED110A
Máis información no DOG do 7 de decembro de 2017 e en http://www.xunta.es/linguagalega