A Xunta de Galicia expón o traballo dos finalistas de Xuventude Crea na especialidade de fotografía e artes plásticas

04 Dec 2017

A titular do departamento autonómico asegurou que este tipo de certames fomentan ‘a apertura dos nosos mozos e mozas cara á novidade da creación, a invención ou o descubrimento’

Na edición do 2017 presentáronse 299 proxectos individuais e en grupo, para as 12 especialidades previstas: teatro, cociña, música, artes plásticas, fotografía, deseño de xoias, banda deseñada, relato breve, poesía, moda, videocreación e graffiti

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, inaugurou hoxe na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela a exposición dos proxectos finalistas das especialidades de fotografía e artes plásticas (pintura e escultura).

A exposición composta por 32 proxectos, 17 da especialidade de fotografía e 15 da especialidade de artes plásticas -cinco esculturas e dez pinturas-, permanecerá aberta ata o 28 de decembro.

Cecilia Vázquez sinalou que “as administracións públicas temos que insistir na posta en marcha de solucións e ferramentas como Xuventude Crea, que permitan a apertura dos nosos mozos e mozas cara á novidade da creación, a invención ou o descubrimento”. “Avanzar neste terreo axuda a que os novos creadores descubran o potencial das súas aptitudes e fortalecen a súa confianza, para que se animen a elaborar proxectos e se preparen para ser os emprendedores do futuro creativo de Galicia”, engadiu a titular do departamento autonómico.

En escultura, a exposición mostra os traballos de Marcia Martínez García (Abegondo) con Relieve de luz, Jonatan Blanco Pensado (Santa Comba) con As curvas que a vida dá, María del Mar Ramón Soriano (Ourense) con Desnudo 12, Miguel Aurelio Cajaraville Mosquera (Baiona) con Autorretrato e Adrián Penido Núñez (Silleda) con Biblioteca de artista.

En pintura os traballos que inclúe a exposición son: Linda Maestra (homenaje a Francisco de Goya)#3 de Rebeca López Villar (Vigo), El estereotipo del artista de Sara Piñeiro Fernández (Lalín), Cidade da Cultura de Galicia de Daniel Cerecedo Bretal (A Pobra do Caramiñal), Profanaciones de Sara Álvarez Otero (Monforte), Huída de Sara Pena Zamorano (Vigo), A-temporalidade de Tania Vázquez Buján (Lugo), Estudio del lobo de Arantza Pardo Barbeito (Abegondo), O fulgor de Ana María González Zapata (A Coruña), En la mesa de mi cuarto soy menos despreciable de Gema López González (Lugo) e Autorretrato de Alexandre Sequeiros Camiña (Vigo).

Na modalidade de fotografía, a exposición inclúe 17 proxectos: Fases dunha opresión de Estefanía André Feijoó (Vigo), Guardián de Rebeca López Villar (Vigo), Corazón de garganta de Sergio Fernando Villar Penas (Santiago), Para a lembranza de Sonia Vázquez Abelleiro (Teo), Por el amor de Dios! de María Vérez Escudero (A Coruña), Andrea de Eva Neira Carballo (Santiago), O paso do tempo: a miña nena interior de Nerea Salgado González (Marín), Muller na paisaxe de María do Mar Suárez Canosa (Santiago), Phantom Limb de Antía Monroy Rivas (Redondela), Acceso restrinxido de Pablo Mendizábal Recuna (Ferrol), Utopía de Marta León Martínez (Vigo), Ataraxia de Andrea Rodríguez López (A Coruña), Retrato para un aniversario de Ana María González Zapata (A Coruña), Anatomía salvaxe de Carla Piñeiro Gómez (Mos), Inc(red)ible de Paloma Argüello Rodríguez (Santiago), Retratos da natureza de Marina García Cabanas (Santiago) e 2017: un verán máis na Mariña de Mateo Guerreiro Rodríguez (Xove).

Os premios son 3000 euros para o proxecto gañador, 1500 euros para o segundo, e 1000 euros para o terceiro. Os premios poden ser compartidos. E por outra banda, o xurado tamén pode outorgar mencións de honra, sen dotación económica.

Na edición do 2017 presentáronse 299 proxectos individuais e en grupo, para as 12 especialidades previstas: teatro, cociña, música, artes plásticas, fotografía, deseño de xoias, banda deseñada, relato breve, poesía, moda, videocreación e graffiti. Este ano, participaron 376 mozos e mozas galegos, ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e 30 anos, con dúas excepcións: a especialidade de música na que ata o 25% do grupo pode superar os 30 anos; e a especialidade de teatro, na que ata o 25% dos compoñentes do grupo pode superar os 30 anos ou poden ter entre 14 e 16 anos.


Premiados noutras especialidades

En banda deseñada, o primeiro premio recaeu en Beatriz Rodríguez Gregores (Vigo) pola obra Ellipsism; o segundo, en Zaida Novoa González (Pontevedra) co proxecto Noite meiga, e o terceiro, en Uxía Larrosa Villanueva (Cambre) por O outro lado da auga.

Na especialidade de cociña, a receita Costelas de porco celta agridoces con puré de castañas e queixo do Cebreiro e emulsión de pementos de Padrón de Andrés Díaz Pérez (Paradela) levou o primeiro premio; o segundo recaeu en María José Losada Acero (Vilagarcía de Arousa) por Taco de aquí e de acolá; e o terceiro premio foi compartido entre as receitas O mar nunha botella de Eva Correa Fontán (Gondomar) e Figadallo de Luis López Fernández (Pontevedra).

En deseño de xoias, Eva Baqueiro Gil (Cangas) gañou coa colección Cando a marea baixa...; o segundo premio recaeu en Sonia Fernández Gandásegui (Oleiros) por Acción- reacción e o terceiro premio foi compartido entre Daniel Martínez González (A Coruña) por Tañidos e Xana Villalobos Salgado (Teo) coa colección Escornabois.

Na especialidade de graffiti, o primeiro galardón foi para Brais Rodríguez Trigo (A Coruña) polo proxecto Verde luz; o segundo, para Aldara Rodríguez Patiño (A Coruña) pola obra Entre realidade e fantasía; e o terceiro, para Miguel Aurelio Cajaraville Mosquera (Baiona) por Encaixado. Así mesmo, o xurado outorgou mencións de honra a Iria Fafián Alonso (Culleredo) por Un sorriso e a Víctor Incio del Río (A Coruña) por Letras.


Na modalidade de música os galardóns foron compartidos. Así o primeiro recaeu en Aida Blanco (Ourense) e MJ Pérez (Arzúa); o segundo, en Dioivo (Vigo) e Postal (Santiago); e o terceiro, en Brotasol (Pontevedra) e Atdeton (O Carballiño).

Na especialidade de relato breve, a obra Angelus Novus de Brais Lamela Gómez (Vilalba) acadou o primeiro premio; O visitante nunca marcha só de Hugo Lozano Hermida (Vilalba) o segundo; e Fado:0103 de Cándido Paniagua Pousa (Vigo) o terceiro.

En poesía, Sonia Martínez López (Sarria) acadou o primeiro premio polo proxecto O abeiro; Arancha Rodríguez Fernández (Arancha Nogueira) (Santiago) o segundo por Romaría; e o terceiro premio foi compartido entre Nuria Mosqueira Varela (A Coruña) por Anguías e Tamara Andrés Padín (Poio) por A lingua secreta dos nenos franceses.

En teatro, a obra Non hai que ser unha casa para ter pantasmas, de Prácido Domingo (Pontevedra), acadou o primeiro premio; Cinco mulleres que comen tortilla da Compañía Señora Supina (Vigo), o segundo; e Sonche bicos de Escola de teatro (Aula de teatro da USC), o terceiro.

Na especialidade de videocreación, María de las Nieves Iglesias Rodríguez (Pontevedra) acadou o primeiro premio co proxecto Narrealidade; Gabriel Vázquez Fernández (Vigo), o segundo pola obra Likenali; e Alba Rodríguez Villar (Cedeira) o terceiro por Alborada.