Bolsas Vulcanus en Xapón

30 Nov 2017

O Goberno de Xapón convoca as bolsas Vulcanus

Requisitos: Estudantes de último ano de grao ou posgrao de enxeñería ou ciencias. Inclúe 4 meses de formación lingüística e 8 meses de prácticas nunha empresa.

Prazo:  20 de xaneiro de 2018

A dotación económica que ofrece estas bolsas ascende a 1.900.000  yen que cubrirán os gastos de viaxe de ida e volta e os gastos básicos de manutención en Xapón. A iso súmaselle os seminarios, cursos de idiomas e o aloxamento.

http://www.eu-japan.eu/events/vulcanus-japan