Bolsa en materia de financiamento comunitario de proxectos europeos no ámbito da innovación e a investigación

21 Nov 2017

A Fundación Galicia Europa convoca unha bolsa para a formación práctica de persoas tituladas superiores universitarias en materia de financiamento comunitario de proxectos europeos no ámbito da innovación e a investigación.

Persoas beneficiarias:
1. Ter nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea.
2. Ser natural de Galicia, ser fillo/filla de galegos ou acreditar residencia en Galicia desde antes do 1 de xaneiro de 2015.
3. Estar en posesión dun título universitario de grao, licenciado/a, enxeñeiro/a ou equivalente. A persoa solicitante deberá estar en posesión do título ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición no momento do remate do prazo de presentación de solicitudes, e ter rematado os estudos conducentes con posterioridade ao 31 de decembro de 2010.
4. Non ter gozado anteriormente doutra bolsa da FGE en convocatorias anteriores, excepto que na convocatoria do ano inmediatamente anterior fose chamado da lista de reserva e gozase da bolsa por un período de tempo non superior a tres meses.
5. Posuír a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións que deriven do obxecto desta bolsa.

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.gal co código de procedemento PR770M
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 21 de decembro de 2017
Máis información no DOG do 21 de novembro e en http://www.fundaciongaliciaeuropa.eu/tipo2.asp?idSeccion=8