20 Nov 2017



Encontro mostra transfronteiriza da xuventude emprendedora

Auditorio de Ferrol, 16 de decembro de 2017


InterregA Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pon en marcha EMOTRAXE, un espazo de encontro e de aprendizaxe para que a xuventude poda compartir experiencias e emocións á vez que amosar publicamente as súas vivencias de participación, compromiso social e de emprendemento.

Trátase dunha actividade enmarcada no proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA), aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP), cun orzamento de 1.428.692,94 euros e unha duración de catro anos. Ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do territorio.

Este encontro forma parte da actividade "Emprende" dirixida a aquelas iniciativas, ideas, entidades que desexen iniciar unha nova liña de negocio, que conten con un grao de madurez suficiente co obxectivo de apoialas, afianzalas e acompañalas durante a súa posta en marcha. Neste encontro os mozos e mozas poderán coñecer e intercambiar experiencias con outras persoas mozas, tanto do propio territorio do proxecto como doutros territorios transfronteirizos. 

Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela, a Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia (Ascega), o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federação Nacional de Associações Juvenis Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.

Emotraxe pretende ser un espazo a disposición da xuventude no que mozos e mozas e axentes públicos e privados trasladen os seus proxectos en distintos ámbitos, co fin de xerar ilusión e contaxiar do seu espírito emprendedor e comprometido.

O encontro estará aberto a mozas e mozos emprendedores, membros de asociacións xuvenís  e  entidades prestadoras de servizos á xuventude, persoas participantes en actividades de voluntariado, mozas e mozos membros de grupos informais, técnicos/as de xuventude, informadores/as xuvenís, educadores/as, mediadores/as xuvenís e todas as mozas e mozos con espírito de iniciativa e persoas interesadas na materia.

Emotraxe facilitará a cada entidade xuvenil que o desexe un espazo para a exposición de ideas, actividades e proxectos, con zona de stands dos diferentes colectivos participantes.

Así mesmo, a organización farase cargo dos traslados necesarios das persoas que se inscriban, poñendo á súa disposición distintas liñas de transporte, sempre que haxa unha cota mínima de participantes para cada liña.

As inscricións poderán realizarse en liña a través deste formulario ata o día 13 de decembro ás 14.00 h.

PROGRAMA

9:30 h Acollida e entrega da documentación.

10:00 h Relatorio “Onde está o límite?”, Josef Ajram

11:00 h Inauguración e apertura oficial

11:45 h Pausa – Café.

12:15 h Mesa redonda: Mocidade en movemento, o valor de tomar a iniciativa.
Avelino Souto Rozados, Clube de xóvenes gandeiros e técnico asesor de Embriomarket.
Minerva Pose Veiga. Correspondente universitaria e membro de Erasmus Student Network na Universidade da Coruña
Ángel Rodríguez Cerdeira, Erasmus para xoves emprendedores.
Silvia Folgueira Rico e Miguel Paz Pena. Gañadores dos campionatos de FP Galicia e Spain skills 2017.
Ivone Pires Cruz. Xestora do Link Cowork & Business e embaixadora da Digital Nomads Portugal

13:15 h Mesa redonda: Competencias clave para superar o reto da inserción laboral e emprendemento.
Ana Simoneta Rubido, Presidenta de AIESEC España
Eduardo Guillén Solorzano, profesor da UDC e Delegado e membro da ICC (International Coaching Community para Oriente Medio) con base en Dubai.
Oscarina Conceição. profesora da área de emprendedurismo no Instituto Politécnico do Cávado e Ave.
Luis García Deber. Presidente da fundación Youth Business Spain e director xerente da Fundación Ronsel.
Carmen José López Rodríguez. Ex presidenta da Federación Galega de Xóvenes Empresarios-AJE Galicia.
Ana Vázquez Rodríguez. Investigadora do grupo SCULCA da Universidade de Santiago de Compostela e membro da rede RIES.

14:15 h Pausa-Xantar.

16:00 h Relatorio “Emocións a través da mirada”, María J. Freire Franco “Sissi”.

17:00 h Mesa redonda: Implicados ao 100%: iniciativas xuvenís con impacto social.
Juan Pampillón Alonso Velasco, coordinador de proxectos da ONG Cooperación internacional.
Verónica Verés Tasende, presidenta da Federación Galega de Redeiras Artesás.
Helena Isabel Ribeiro Teixeira.  Voluntaria no programa Recados e Companhia do Instituto Português do Desporto e Juventude – IPDJ.
Marta del Río Arcos, directora autonómica de Cruz Vermella Xuventude.
Pablo Rodríguez Paz, grupo informal Xóvenes do xurés.
Diego López Pedreira, axente de desenvolvemento comarcal e técnico da reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

18:00 h Peche


Presenta o Encontro, Rubén Riós.

Descarga o programa aquí

 

marca cor Fundacion G A ASCEGA CC
Interreg IPDJ CIA FNAJ