Impulsores de oportunidades: innovación, capacitación e emprendemento

14 Nov 2017

A Fundación Galicia Europa convoca o curso de Impulsores de oportunidades: innovación, capacitación e emprendemento

O curso de Impulsores de oportunidades é unha actividade do proxecto europeo Eurocidade_2020, que se enmarca no programa Interreg V A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP).
O curso forma parte a actividade “Eurocidade Intelixente: innovación, emprendemento  e internacionalización como alicerces da xeración de emprego e riqueza”, finalizado a capacitar aos emprendedores, desempregados e empresarios da Eurociudad para a creación dos seus negocios, a cooperación entre empresas e empresarios e satisfacer a demanda de profesionais do mercado. Ao longo do proxecto realizaranse dous cursos.

Nesta actividade, a Fundación Galicia Europa, contará coa colaboración da AECT Eurocidade Chaves-Verin, sendo os outros socios do proxecto Eurocidade_2020, a FNAJ – Federação Nacional de Associações  Juvenis, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, IPDJ –Instituto Portugês da Juventude e do Desporto, o Concello de Verín e o Município de Chaves.

DATAS E LOCALIZACIÓN
O curso terá lugar entre o 28 de novembro e o 2 de decembro no Gabinete da Eurocidade Chaves-Verín sito en Feces de Abaixo.
Terá unha duración de 36 horas (teórico-prácticas) e desenvolverase en horario de 10:00 a 14:00 e 16:00 a 20:00 (sábado de 10 a 14:00).

PARTICIPANTES
O curso está dirixido a toda a poboación, sen limite de idade e/ou perfil profesional, tanto a parados como a empresarios ou emprendedores galegos e portugueses, fixando un máximo de 15  participantes. Ao inscribirse, os participantes comprometeranse a participar no 100% das horas de traballo previstas no programa formativo. A asistencia é obrigatoria para ter dereito a diploma de aproveitamento do curso.

INSCRICIÓNS
Esta formación é totalmente gratuíta.
O período de inscrición poderase realizar desde o 13 ata o 23 de novembro.
Para iso, deberán achegar a folla de inscrición e o cv e envialo por correo electrónico á  sede da Fundación Galicia Europa en Santiago de Compostela.

fges1@fundaciongaliciaeuropa.eu

Para calquera consulta:
Fundación Galicia Europa.
Rúa do Hórreo nº 61, baixo
15701 Santiago de Compostela
Teléfonos: 981 957 088 e 981 957 854

http://www.fundaciongaliciaeuropa.eu/noticias_ver.asp?idSeccion=6&idTema=310&idNoticia=4159#.WgqvPJ2DMeE