Correspondentes Universitarios na Universidade da Coruña

14 Nov 2017

A Universidade da Coruña convoca as prazas de “Correspondentes Universitarios” para o curso 2017-2018

Requisitos:
1. Estar matriculado e ao corrente do pagamento no curso 2017/2018 na Universidade da Coruña en estudos oficiais de grao.
2. Non estar en posesión nin reunir os requisitos legais para a expedición dun título universitario na data de finalización do prazo de presentación da solicitude.

As solicitudes presentaranse no Servizo de Estudantes SAPE-LERD (Pavillón de Estudantes, Campus de Elviña, A Coruña), ou no SAPE do Campus de Ferrol (Edificio de Apoio ao Estudo, andar baixo, Campus de Esteiro, Ferrol).

Ás funcións dos “correspondentes universitarios” son as seguintes:
• Xestionar un taboleiro informativo no que haberá información sobre temas de interese para a xuventude e difundir a información no centro no que estuda.
• Difundir a información sobre os distintos programas e iniciativas para a xuventude que haxa no portal https://xuventude.xunta.es e/ou aquela outra que reciban a través dos medios ao seu alcance: redes sociais, compañeiros da residencia, facultades, etc., e que sexa de interese para eles.
• Asistir ás reunións de coordinación que se convoquen, así como aos cursos de formación organizados pola DXXPV e destinados aos correspondentes xuvenís.
• Aquelas outras que supoñan a mellora na achega de información á mocidade.

Beneficios para os “correspondentes universitarios”:
• Recibirán gratuitamente formación en materia de información xuvenil.
• Recibirán gratuitamente o carné xove, o carné internacional e o carné de alberguista durante o ano escolar no que estean como correspondentes.
• Recoñeceráselles a través dun certificado o tempo dedicado como “correspondentes universitarios”, así como a experiencia e competencias adquiridas a través do certificado de educación non formal en materia de xuventude.
• A vicerreitoría de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria expediralles unha certificación que acredite a participación no programa “Correspondentes Universitarios” para a solicitude de créditos, ata un máximo de 3 ECTS, coa correspondencia de 1 crédito por cada 10 horas, por participación en actividades universitarias.
• Asignaráselles un titor da Universidade que coordinará e orientará as súas actividades en colaboración cos coordinadores do programa designados pola Consellería.

O prazo de solicitude estará aberto até as 14.00 h. do día 30 de novembro de 2017

Máis información e solicitudes