A violencia de xénero é unha conduta normal nunha parella

14 Nov 2017

Isto é o que pensa o 27% da mocidade de entre 15 e 29 anos.

O Centro Reina Sofía sobre Adolescencia e Mocidade da FAD ven de publicar os resultados  do Barómetro 2017 de ProyectoScopio
Os resultados do Barómetro 2017 do ProyectoScopio obtéñense dun panel online a 1.247 mozos de 15 a 29 anos aplicado en abril do presente ano.

Máis dun de cada catro mozos/as entre 15 e 29 anos (27,4%) cre que a violencia de xénero é unha conduta normal no seo dunha parella; o 31,5% cre que é un problema que aumenta progresivamente por culpa da poboación inmigrante; o 21,2% considera que é un tema politizado que se esaxera; e case un 7% cre que é un problema inevitable que, aínda que estea mal, sempre existiu.

En xeral, o grao de mantemento destas representacións sociais sobre a violencia machista é superior entre os homes, e nos niveis de estudos inferiores. Só existe un maior acordo entre elas cando se afirma que "É un problema social moi grave", unha afirmación na que se mostran de acordo o 87% do total da poboación nova enquisada.   

Ao preguntar aos e as mozas sobre a discriminación, en xeral, eles e elas recoñecen que hai factores de exclusión por encima do xénero. Por exemplo, un 47,9% recoñece a identidade e a orientación sexuais como motivo de discriminación, un 45,1% apunta á orixe étnica ou racial, un 38% ao aspecto físico e o 29,3% sinala a nacionalidade. O 23,7% da poboación xuvenil percibe que existe discriminación por razóns de xénero, por encima de motivos relixiosos, intelectuais, económicos, de idade ou ideolóxicos.

En canto ás desigualdades de xénero percibidas polos mozos españois, ao redor de tres de cada catro cren que as oportunidades das mulleres en canto a salarios ou no acceso a postos de responsabilidade nas empresas son moito peores que as oportunidades dos homes.

Máis da metade consideran moito ou algo peores as oportunidades das mulleres con respecto atopar un traballo (62,4%); en canto á posibilidade de compaxinar vida laboral e familiar (57,4%); no acceso a postos de responsabilidade na vida política (61,9%); ou para gañar diñeiro (59,3%).

http://www.proyectoscopio.es/images/barometro/2017_III.pdf