IV Concurso de fotografía das reservas da biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá

13 Nov 2017

A Deputación de Lugo convoca o IV Concurso de fotografía das reservas da biosfera "Terras do Miño" e "Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá" con obras realizadas dentro deste territorio e tendo como temática "Harmonía Persoas e Natureza", polo que deberán amosar oficios tradicionais que se atopan integrados na natureza, infraestruturas o patrimonio material, inmaterial e etnográfico que están en harmonía con a natureza.

Poderán participar no concurso tódalas persoas maiores de 18 anos que estean interesadas, con obras que non foran premiadas con anterioridade.
Só poderá presentarse unha fotografía por participante.

A Contía total do Concurso será de 1.600 euros divididos en tres premios:
1º Premio: 800 euros
2º Premio: 500 euros
3º Premio: 300 euros

O prazo de presentación das candidaturas estará aberto ata o 4 de decembro de 2017
Máis información no BOP de Lugo do 13 de novembro de 2017