DanceWEB. Programa Europeo de Bolsas para Danza Contemporánea

10 Nov 2017

O Programa de Bolsas ofrece a preto de 65 mozos bailaríns profesionais, preferiblemente entre 22 e 30 anos, a posibilidade de participar nun intenso programa de capacitación multinacional.  O Programa é unha residencia de 5 semanas que terá lugar do 11 de xullo ao 15 de agosto de 2018 en Viena no marco do festival ImPulsTanz.

O programa céntrase no intercambio de ideas e coñecementos, a formación continua e o encontro con artistas de renome internacional reunidos en Viena en ImPulsTanz. Unha bolsa inclúe adestramento individual por titores artísticos, participación nos proxectos de investigación e nos talleres de técnica, admisión a todas as presentacións de ImPulsTanz, intercambio de ideas e contacto cos adestradores e coreógrafos internacionais e aloxamento en Viena durante o período do programa de bolsas.

Data límite para solicitar as bolsas: 15 de decembro de 2017, mediodía.

http://www.lifelongburning.eu/projects/danceweb_scholarships/application_information.html