Bono coidado para a atención de nenas e nenos menores de doce anos

10 Nov 2017

A Consellería de Política Social convoca axudas económicas ás familias para a atención a domicilio de nenas e nenos menores de doce anos a través do programa Bono coidado

A axuda consistirá nunha achega para contribuír ao pagamento do importe de servizos de atención á infancia a domicilio, nos seguintes supostos convenientemente acreditados:
a) Enfermidade do/da menor e imposibilidade de ser coidado/a polos membros da unidade familiar.
b) Enfermidade da persoa coidadora habitual.
c) Asistencia da persoa coidadora habitual a entrevistas de traballo ou cursos de formación.
d) Situacións puntuais de carácter laboral ou de coidado, tanto do cónxuxe ou parella como de familiares ata o segundo grao de parentesco por consanguinidade ou afinidade, que impidan a atención do/da neno/a polos membros da unidade familiar.

Persoas beneficiarias: os pais/nais, titores/as, ou as persoas que teñan en situación de acollemento familiar ou garda preadoptiva nenos/as menores de doce anos residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que se atopen nos supostos seguintes:
a) Ter unha nena ou un neno nacida/o con posterioridade ao 31 de decembro de 2005 respecto da anualidade 2017 e con posterioridade ao 31 de decembro de 2006 respecto da anualidade 2018.
b) Que a renda da unidade familiar, entendida como a suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro, non supere os 45.000 € ou os 13.500 € per cápita. Para estes efectos, terase en conta a declaración do IRPF do ano 2015 respecto da anualidade 2017 e do ano 2016 respecto da anualidade 2018.

A contía da dita axuda estará en función da renda per cápita da unidade familiar, de acordo cos seguintes tramos:
a) Renda per cápita familiar ata 3.750 euros: 14 €/hora.
b) Renda per cápita familiar superior a 3.750 e ata 7.500 euros: 11 €/hora.
c) Renda per cápita familiar superior a 7.500 e ata 10.000 euros: 9 €/hora.
d) Renda per cápita familiar superior a 10.000 e ata 13.500 euros ou superior dentro dos límites establecidos no artigo 3.1.b): 7 €/hora.

O período subvencionable comprenderá desde o 1 de outubro de 2017 ata o 30 de setembro de 2018.
Solicitudes: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS412A
Prazo: as solicitudes de axuda poderanse presentar ata o 30 de abril de 2018

Máis información no DOG do 10 de novembro de 2017 e en http://politicasocial.xunta.gal