Temos claro que por ser mulleres non somos inferiores...

09 Nov 2017

Son Muller é un tema composto e interpretado polo grupo Máis boas que as patacas.

Elas son as voces de Lua, Valeria e Ruth, a guitarra de Ana, o baixo de Sara, o uquelele de Carme, o piano de Cristina e a batería de Candela, todas elas estudantes do IES de Cacheiras. As mozas armaron esta peza baixo a dirección da súa profesora de música, Matilde Balseiro, tamén presente nesta xornada de presentación de ‘Son Muller’, unha peza que subliña unha potente mensaxe á sociedade en prol da igualdade de xénero.

Son Muller foi galardoado co 1º premio do certame Quero Cantar da Deputación da Coruña.

Son Muller: https://www.youtube.com/watch?v=AMG0Pli_jE8

Videoclip: https://www.facebook.com/1021607797899868/videos/1598470203546955/