IX Xornada Estatal de Psicoloxía contra a Violencia de Xénero “Abrindo o foco: a violencia de xénero, un problema con rostros”

08 Nov 2017

Desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia este ano levarase a cabo a IX Xornada Estatal de Psicoloxía contra a Violencia de Xénero “Abrindo o foco: a violencia de xénero, un problema con rostros”. Nesta ocasión propoñemos unha Xornada na que abramos o foco, tomando directamente a metáfora audiovisual, para ampliar a perspectiva en canto á identificación e o impacto da violencia de xénero e deste modo reaxustar o foco á realidade.

A abordaxe para a erradicación e a superación da violencia de xénero é relativamente recente, tendo en conta o feito de que o marco legal que a recoñece consta tan só de trece anos. Pretendemos que a IX Xornada Estatal da Psicoloxía contra a Violencia de Xénero constitúa un foro no que construír un relato poliédrico e así obter un retrato moito máis completo e
ambicioso co que definir e identificar o impacto real da violencia por motivo de xénero. A mellor comprensión desta problemática é unha peza imprescindible no camiño preciso para a súa erradicación.”

https://xornadasviolenciaxenero.copgalicia.gal/presentacion