Axudas a asociacións xuvenís do Concello de Lugo

08 Nov 2017

O Concello de Lugo convoca subvencións a entidades entidades xurídico-privadas sen ánimo de lucro para o desenvolvemento, durante o exercicio económico de 2017, de programas e actividades xuvenís, programas e actividades dirixidas ás mozas e mozos lucenses con manifesto protagonismo xuvenil na súa elaboración e desenvolvemento global e programas e actividades con participación xuvenil dirixidas a promoción, difusión e recuperación histórica da cidade de Lugo, así como para o mantemento, conservación e pequenas reparacións das infraestruturas nas que se levan a cabo os ditos programas e actividades.

Requisitos das asociacións:
Estar legalmente constituídas e domiciliadas no concello de Lugo. Con carácter excepcional, tamén poderán incluírse aquelas entidades foráneas que pretendan executar, dentro do termo municipal, un proxecto para o desenvolvemento de accións ou actividades que beneficien a xuventude de Lugo.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 23 de novembro de 2017
Máis información no BOP de Lugo do 8 de novembro de 2017