Voluntariado para a Gran recollida de alimentos

08 Nov 2017

Un ano máis, o Banco de Alimentos Rías Altas quere axudar a máis de 18.000 persoas que nos necesitan en toda a provincia da Coruña xa que as necesidades alimentarias de moitas familias seguen sendo unha realidade.

Os próximos días 1 e 2 de decembro realizarase a GRAN RECOLLIDA de alimentos en supermercados e grandes superficies comerciais en toda a provincia da Coruña e para iso solicitan a túa colaboración como voluntario/a.

Se che interesa participar como voluntario, ponte en contacto:
CORUÑA: 604 001 206       opkilo@balrial.org
FERROL: 698 160 281        voluntarios.ferrol@balrial.org
SANTIAGO: 698 174 161    opkilosantiago@balrial.org