Bolsas no Boletín Oficial do Estado

07 Nov 2017

A Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado convoca bolsas de formación de postgraduados

As bolsas teñen por obxecto o fomento da formación teórico-práctica en tarefas relacionadas co estudo, tratamento e difusión da documentación xurídica e dos fondos documentais da Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado, durante un prazo de doce meses, prorrogable por outros doce.
Requisitos:
Estar en posesión dun título de licenciado ou de grao en calquera das ramas de Ciencias Sociais e Xurídicas ou Humanidades, segundo o Catálogo de Títulos Universitarios Oficiais.
Obter devandito título no ano académico 2012 ou anos posteriores.
Formación específica en materias de xestión documental, archivística e biblioteconomía ou en materia xurídica.
A dotación das bolsas será de 1.000 euros brutos mensuais
Prazo: 27 de novembro  de 2017
Máis información no BOE do 7 de novembro de 2017