Bolsas de posgrao no CIS

06 Nov 2017

O Centro de Investigacións Sociolóxicas convoca dez bolsas destinadas a posgraduados para a formación en métodos e técnicas utilizados na investigación social aplicada.
Requisitos:
Estar en posesión do título de graduado ou licenciado
cualificación media final igual ou superior a un 1.8 (segundo o baremo de base 0 a 4)

A contía de cada bolsa non poderá superar o importe de 13.000 € anuais por bolseiro
O período de duración das bolsas de formación comezará desde a incorporación dos bolseiros e terminará o 31 de decembro de 2018.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 27 de novembro de 2017
Máis información no BOE do 6 de novembro de 2017 e en www.cis.es