Coworking "Forestal-Madeira IGAPE" Ourense

31 Out 2017

Espazo coworking froito da colaboración entre EOI e o Instituto Galego de Promoción económico-IGAPE, que conta coa cofinanciación do Fondo Social Europeo, o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo e o IGAPE.

Desenvolveranse diferentes tipos de actividades:

Talleres
Asistencia de acceso libre (obrigatoria para os participantes do coworking). Axúdase aos emprendedores para validar o modelo de negocio con metodoloxías áxiles, así como a desenvolver as habilidades imprescindibles para poñelo en marcha:
Lean Start Up: Avaliación e validación do teu plan de negocio; Crowfunding, Estratexias de comunicación en redes sociais, Creatividade e innovación, Como poñer en marcha un Plan de márketing dixital, etc.

Sesións de formación grupal
Dirixidas exclusivamente aos participantes do coworking e por tanto de asistencia obrigatoria para os mesmos. Nelas traballaranse materias específicas para o impulso e despegamento dos proxectos do espazo coworking.
Finanzas para emprendedores non financeiros; Habilidades de Comunicación, Xestión do Talento nun proxecto emprendedor: deseña o teu equipo, etc.

Mentorización
Acceso por parte dos participantes do coworking a sesións de mentorización por parte de expertos centradas en acompañar aos emprendedores desde o deseño de modelo de negocio á súa posta en marcha e optimización do proxecto, dando resposta ás necesidades que xurdan no camiño.

Sede:  San Cibrao
Período:  De outubro 2017 a abril 2018
Máis info:  cwmadera@eoi.es