Taller de Son, Imaxe e Comunicación

31 Out 2017

Taller de Son, Imaxe e Comunicación (5ª Ed.) que desenvolve a Fundación Paideia e a Asociación DELOA en colaboración ca Escola de Organización Industrial. Aberto prazo de inscrición.

Está dirixido a mozos e mozas desempregados e inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil, que non están integrados en ningún itinerario educativo. Terá lugar entre 14 de decembro e o 16 de febreiro en Padrón (A Coruña). Trala participación no Taller, existe posibilidade de acceso a estancias de prácticas formativas no estranxeiro ou contratación laboral en empresas galegas.

Que contidos ten o programa?
A orixe da música
Percusión e Ritmo
Taller de Radio
Rexistro do Son
Paisaxe e Espazo sonoro
Elaboración de Vídeo-currículo
Taller de Curtametraxe
Taller de Videoclip
Ademais, falarase sobre o que debes saber sobre o mundo laboral, a través de visitas formativas a empresas, e charlas sobre emprendemento, procura de emprego (cartas de motivación, CV), procesos de selección (role-playing de entrevistas), idiomas, resolución de conflitos, xénero.

É un programa de 10 horas de titorías individuais e 100 horas de formación grupal (16-20 persoas).

Onde e cando?
Lugar:  Padrón. Sede Fundación Paideia (Lugar da Escravitude).
Datas:  14 decembro 2017 ao 16 febreiro 2018

Máis información: https://www.paideia.es/taller-sic/