Bolsas de análise e prospectiva agroalimentaria, rural, forestal, pesqueira e ambiental

30 Out 2017

O Ministerio de Agricultura convoca 6 bolsas de formación e perfeccionamento técnico-profesional no ámbito da análise e prospectiva agroalimentaria, rural, forestal, pesqueira e ambiental para titulados universitarios, 2 por cada unha das tres áreas de coñecemento (1. Agroalimentación e Medio Ambiente, 2. Economía e 3. Análise estatística e Tratamento de datos).
Requisitos:
Estar en posesión ou en condicións de obter o título de graduado, diplomado, licenciado, enxeñeiro técnico ou superior, ou titulacións equivalentes nas materias e especialidades relacionadas coas bolsas que se convocan. Os títulos obtidos no estranxeiro ou en centros españois non estatais deberán estar homologados ou recoñecidos e producir plenos efectos xurídicos na data de presentación da solicitude.
- Coñecementos de inglés, francés ou alemán.
- Coñecementos específicos relacionados coas seguintes áreas de coñecemento:
Agroalimentación e Medio Ambiente.
Economía.
Análise estatística e Tratamento de datos.

O prazo estará aberto ata o 21 de de novembro de 2017.
Máis información o BOE do 30 de outubro de 2017