Subvencións a entidades asociativas representativas do sector pesqueiro

30 Out 2017

O Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente convoca para o ano 2017 a concesión de subvencións ao fomento do asociacionismo a entidades asociativas representativas do sector pesqueiro.

Beneficiarios:
Entidades asociativas representativas do sector extractivo da pesca costeira artesanal.
Entidades asociativas representativas do sector pesqueiro empresarial extractivo.
Entidades asociativas representativas dos sectores transformador e comercial dos produtos da pesca.
Entidades xurídicas cuxo obxecto social sexa fomentar a investigación industrial, o desenvolvemento tecnolóxico e de proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación no sector pesqueiro.
Entidades asociativas cuxo obxecto sexa fomentar a defensa dos intereses económicos e profesionais das mulleres que traballan no sector pesqueiro.

O prazo estará aberto ata o 20 de de novembro de 2017.
Máis información o BOE do 28 de outubro de 2017