Curso de Monitor/a de tempo libre no Grove

26 Out 2017

A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Grove e a Escola de Tempo Libre Aika Curso organizan un curso oficial de Monitro/a de actividades de tempo libre, cun título expedido pola Xunta de Galicia e cunha duración de 200 horas teórico prácticas que inclúe a titulación oficial de manipulador de alimentos

Requisitos:  Ser maior de idade antes de iniciar o curso e posuír o graduado en ESO, Graduado Escolar ou equivalente.
Inscrición:  ata o 9 de novembro. Para inscribirse hai que presentar a folla de inscrición xunto coa documentación: fotocopia DNI, fotocopia título, 1 fotografía, fotocopia do carné xove (si é o caso)
Coste:  250 € por alumno/a. No caso dos participantes empadroados no Concello do Grove e que ademais presenten o carné xove terán unha axuda municipal do 50% quedando o coste en 125 €. A empresa ofrece facilidades de pago.
Matrícula:  Do 10 ao 15 novembro. Para formalizar a matrícula é necesario presentar o resgardo do pago bancario a cargo da empresa impartidora do curso (Escola de tempo libre Aika)
Horario:  Durante as fins de semana no seguinte horario: Sábados de 09-14 e de 15-20 e domingos de 09-14
Duración:  Do 18 de novembro ata o 10 de marzo. No caso de que todos os participantes así o decidan poderíase modificar o calendario do curso abarcando as vacacións de nadal (do 26 de decembro ao 4 de decembro) rematando así o curso o 14 de xaneiro.
Orde de preferencia para participar no curso que se valorará durante o prazo establecio para a inscrición:
1º Persoas empadroadas no Concello do Grove pousidoras do Carné Xove.
2º Persoas empadroadas no Concello do Grove sin Carné Xove
3º Resto de interesados por orde de inscrición.

Información e inscrición:  Na Oficina Municipal de Información Xuvenil (2º andar do Edificio Administrativo). Teléfono 986 730 609, correo: omix@concellodogrove.es