Xornadas visitas de formación en Galicia e Portugal. Encontros sectoriais

25 Out 2017

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social convoca seis xornadas visitas de formación en empresas de distintas zonas da xeografía galega e unha estancia visita de formación de catro días de duración en Portugal no marco do  proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA), aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP) , cun orzamento aprobado de 1.428.692, 93 € e unha vixencia de catro anos.

Así mesmo, coincidindo coas xornadas e estancia visita de formación,  terán lugar 7 encontros sectoriais a pequena escala onde os distintos actores do territorio poderán establecer unha dinámica de diálogo e coñecemento mutuo que impulse a aparición de oportunidades de colaboración e mentoring.

Estas iniciativas impulsan a relación e integración da xuventude na realidade económica do territorio, reforzando o coñecemento do marco local de vida dos mozos e mozas; reforzan o achegamento da mocidade á realidade do tecido empresarial galego e portugués; promoven o coñecemento e valorización dos recursos e potencialidades que ofrece o territorio; e ofrecen unha ferramenta para que os mozos e mozas adquiran coñecementos que axuden ao seu desenvolvemento persoal e profesional.

Estas iniciativas formativas forman parte da actividade “Crece” que ten como obxectivo provocar un coñecemento, proceso e contexto de traballo en rede, no que se involucren os distintos actores e reactivos do territorio a través da xeración de espazos de desenvolvemento local no ámbito de influencia do proxecto.

O proxecto LIDERA ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do  territorio. Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, a Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia (Ascega), o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.


DESTINATARIOS/AS: Mozos e mozas galegos/as e portugueses con idades comprendidas entre 18 e 30 anos.
PRAZAS: 50 por xornada de formación
DURACIÓN DAS XORNADAS

- Xornadas visitas en Galicia: 1 día completo, con saída pola mañá e regreso pola tarde.

 - Estancias visitas en Portugal: 4 días, con saída o 28 de novembro en horario de mañá e regreso o 1 de decembro horario de tarde

PRAZOS DE INSCRICIÓN
- Visita á zona da Ribeira Sacra: do 25 de outubro ás 10:00 horas do 30 de outubro de 2017.
- Visita zona Lalín: do 25 ao 30 de outubro de 2017.
- Visita zona Vilalba: do 25 de outubro ao 6 de novembro de 2017.
- Visita zona Ourense: do 25 de outubro ao 23 de novembro de 2017.
- Visita zona Betanzos: do 25 de outubro ao 17 de novembro de 2017.
- Visita zona Negreira: do 25 de outubro ao 4 de decembro de 2017
- Estancia visita en Portugal: do 25 de outubro ao 20 de novembro de 2017.

INSCRICIÓN: Mediante envío de formulario electrónico.

No caso das xornadas visitas en Galicia, o mozo e moza poderá solicitar a participación en varias xornadas, tendo prioridade de participación na primeira xornada solicitada que se realice e pasando á lista de agarda nas restantes xornadas solicitadas.

A participación en xornadas visitas en Galicia non exclúe a participación na estancia visita en Portugal.

ADMISIÓN: Será por rigoroso orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas.
Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. De non recibir comunicación no día seguinte á finalización do prazo de inscrición, entenderase que non obtivo praza; exceptúase a visita á zona da Ribeira Sacra: de non recibir comunicación no mesmo día de finalización do prazo de inscrición entenderase que non obtivo praza.

COBERTURA: Manutención e transporte segundo o especificado no apartado seguinte.

DATAS VISITAS DE FORMACIÓN EN GALICIA

R 2

 

ESTANCIAS VISITAS EN PORTUGAL

 

visitaPORTUGAL

COBERTURA:
Aloxamento en cuarto de uso múltiple
Manutención
Transporte: dende Santiago con paradas en itinerario de destino.

RECOMENDACIÓNS
- Tarxeta Sanitaria Europea ou seguro de viaxe, accidentes e de enfermidade
- Útiles de aseo

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

ENCONTROS SECTORIAIS
Nas mesmas datas das xornadas visitas terán lugar 7 encontros sectoriais a pequena escala onde os distintos actores do territorio poidan establecer unha dinámica de diálogo e coñecemento mutuo que impulse a aparición de oportunidades de colaboración e mentoring.

R 3