Programa de formación para o emprego na Economía Dixital

25 Out 2017

Cursos TIC/ Economía Dixital
Proxecto de formación – inserción a nivel nacional, que en Galicia será impartido por Academia Postal nas seguintes cidades: A Coruña, Santiago, Lugo e Ourense, entre novembro de 2017 e outubro de 2018.
Son 350 horas de formación gratuíta en Seguridade en Redes con compromiso de contratación. Un mínimo dun 30% do alumnado que finalice a formación serán contratados por empresas durante mínimo de 6 meses, en postos relacionados coas TIC e a Economía Dixital.

Está dirixido a xóvenes menores de 30 anos inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Sesións informativas:
Mércores 25 de outubro, ás 17:00 horas: Academia Postal Santiago, Rúa Santiago de Chile 17 baixo.
Xoves 26 de outubro, ás 18:00 horas: Academia Postal A Coruña, Rúa San Luís  55.

Máis información: www.academiapostal.gal