A Xunta destaca a importancia das escolas de tempo libre na dinamización xuvenil durante a asemblea de Didania

23 Out 2017

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, asistiu hoxe á apertura da asemblea de Didania, a rede de entidades que aglutina escolas de tempo libre educativo, entre as que se atopa Don Bosco Santiago de Compostela.

A titular autonómica definiu estas escolas como un instrumento fundamental para a dinamización da mocidade destacou a importancia da celebración deste tipo de xuntanzas para intercambiar experiencias e traballar conxuntamente na implantación de medidas e programas que beneficien aos mozos e mozas galegos. E, ao fío, lembrou que a Consellería de Política Social ten aberto un proceso de participación para escoitar a todos os axentes de cara á elaboración do novo Decreto en materia de xuventude que vai supoñer tamén un impulso para a educación no tempo libre cunha nova regulación da formación das persoas educadoras no tempo libre infantil e xuvenil e das escolas de educación no tempo libre.