Bolsas Bogliasco (Italia)

17 Out 2017

As Bolsas Bogliasco concédense a persoas con talento sen distinción de nacionalidade, idade, raza, sexo ou relixión, involucradas en proxectos que traten calquera área das seguintes disciplinas:

Artes Visuais
Arqueoloxía
Arquitectura
Arquitectura paisaxística
Danza
Estudos Clásicos
Filme/Vídeo
Filosofía
Historia
Literatura
Música
Teatro

Nas disciplinas artísticas, o Centro de Estudos acepta candidatos/as que realicen traballos creativos e académicos. Cada semestre pódense presentar candidaturas en inglés, francés, italiano e español a través da páxina da Fundación. Un comité de selección internacional que rota cada semestre avalía aos/as candidatos/as en cada disciplina baseándose nos logros que demostren no seu campo, e na calidade do proxecto proposto. O comité compón pequenos grupos de residencia de 8 a 10 fellows, baseándose na diversidade de nacionalidades, idades, disciplinas e áreas de investigación. A Fundación outorga cada ano unhas 50 bolsas (Fellowships) dun mes de duración.

É necesario que os/as bolseiros/as teñan, como mínimo, un nivel de inglés conversacional para comunicarse nesta comunidade internacional, na que o inglés adoita ser a lingua en común.

As bolsas organízanse nos dous semestres do ano académico: setembro-decembro, e febreiro-maio. Non se ofrecen bolsas durante os meses de verán.

Durante o seu mes de residencia, os/as bolseiros/as contan con habitacións (dormitorios con baño privado), pensión completa, e estudo privado nunha das tres vilas.

As datas aproximadas das residencias do outono 2018 e da primavera 2019 son:

Outono 2018
3 setembro - 5 outubro
8 outubro - 9 novembro
12 novembro - 14 decembro

Primavera 2019
7 xaneiro - 8 febreiro
11 febreiro - 15 marzo
18 marzo - 19 abril
23 abril - 24 maio

As datas límite para a presentación de solicitudes son: 15 de xaneiro para as residencias do posterior semestre de outono (setembro-decembro), e 15 de abril para as residencias do posterior semestre de primavera (febreiro-maio).

http://www.bfny.org/es/quienes-somos/programa-de-becas-bogliasco