Bolsas Yamaha 2017/2018

13 Out 2017

A Fundación Musical Yamaha de Europa convoca o seu programa de bolsas para o período 2017/2018. Serán outorgadas un total de 45 bolsas en 31 países, a alumnos con dedicación plena aos seus estudos.

En 2017/2018 a disciplina premiada coa bolsa corresponde a Clarinete. As normas poden variar en función do país. Os aspirantes deberán encher o formulario de solicitude e envialo á dirección de contacto indicada, así como unha gravación de dous temas musicais.
Asegúrese de enviar xunto co formulario un CD ou un DVD coas súas gravacións.
O formato da gravación debe ser .WAV ou MP3.
A calidade do son non afecta o proceso de selección posterior.
A duración das dúas pezas gravadas non debe exceder de 20 minutos cada unha e deben pertencer a diferentes épocas.

Requisitos
O concurso de bolsas YMFE está aberto aos estudantes de música a tempo completo de calquera nacionalidade que non sexan maiores de 25 anos no momento da solicitude.

Dirección
Yamaha Music Europe GmbH Ibérica
Ctra.da Coruña Km. 17,200
28231 Las Rozas (Madrid)

Período de inscrición: ata o 30/11/2017

Dotación
Cada bolsa ten un valor de 1.000 a 2.000 €, dependendo do país onde estea a estudar o aspirante.

https://es.yamaha.com/es/education/ymfe/index.html