Curso consumo e xénero

13 Out 2017

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e o Instituto Galego do Consumo convocan un curso sobre consumo e xénero  

Destinatarios/as.
Persoal da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Espazos Xoves e OMIX.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto dende as 8.00 horas do 14 de outubro ata as 14.00 horas 21 de outubro de 2017.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo http://egap.xunta.gal/matricula

Consumo e xénero. Código: CV17031.

Obxectivos.
– Promover a reflexión sobre o consumo e o xénero filtrado polo papel crucial da educación.
– Reflexionar sobre a relación entre o consumo e o xénero como elementos de desigualdade social, cuestionando os estereotipos de xénero asociados ao consumo e analizando os roles de homes e mulleres neste ámbito.

Desenvolvemento.
Modalidade: teleformación.
Duración: 20 horas.
Edicións: unha.
Datas: do 27 de outubro ao 1 de decembro de 2017.
Proba final: o día 1 de decembro.
Prazas: 50.

Contido.
Módulo inicial: Guía didáctica e presentación do curso (2,5 horas).
Visualización Grandes almacéns e revolución social.
Módulo 1: O consumo como elemento de desigualdade social (5 horas).
O papel social do consumo na historia e na actualidade.
Dereitos e deberes das persoas consumidoras e usuarias.
Resolución de conflitos de consumo.
Módulo 2: O xénero como elemento de desigualdade social (5 horas).
Módulo 3: A interacción entre o consumo e o xénero (5 horas).
Módulo final: Avaliación do curso (2,5 horas).

Máis información
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20171013/AnuncioO150-091017-0002_gl.html